Unha campaña de San Valentín para declarar o amor polo Morrazo
01/02/2012 “Porque saben o que queres,
por que son os máis riquiños...
porque te sorprenden...
porque sempre atopas o mellor...”
Así comeza o cartel anunciador da nova campaña que as empresas asociadas do Morrazo propoñen co gallo do día de San Valentín, baixo o lema “Namorados do Morrazo”, e na que buscan que os clientes amosen o seu amor polos establecementos da comarca.
Constituíuse a Mesa de Comercio Local no Concello de Moaña
24/01/2012 Onte día 23 de xaneiro tivo lugar no Concello de Moaña, a constitución da Mesa de Comercio Local, dando cumprimento a Lei 13/2010 de Comercio Interior de Galicia. Esta sesión constitutiva e extraordinaria celebrouse na sala de Xuntas do Concello ás 18:00h. Esta mesa actuará como órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a Administración local e os axentes representativos do sector comercial.
A Xunta de Galicia publica os Domingos e festivos hábiles para o ano 2012
17/01/2012 A Consellería de Economía e Industria ven de publicar no Diario Oficial de Galicia a relación de oito domingos ou festivos hábiles para este ano 2012.
Follas de Reclamacións dispoñibles para os socios da Federación
16/01/2012 Como ven sendo habitual, FECIMO pon a disposición dos establecementos asociados as Follas de Reclamacións. As persoas físicas (autónomos) ou xurídicas (sociedades,...) titulares de establecementos que comercialicen bens ou presten servizos na Comunidade Autónoma de Galicia, terán a disposición dos consumidores e usuarios follas de reclamacións.













Importancia de lograr fidelización

