• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, é un órgano de representación e defensa dos intereses das empresas do Morrazo. Fecimo, como entidade, ao longo da súa historia contribuíu notablemente ao desenvolvemento socioeconómico do seu contorno, sendo conscientes de que as empresas, a sociedade e o territorio onde estas interactúan debían formar un sistema único, integrado e respetuoso coa natureza que posibilitase a súa sostenibilidade no tempo.

Froito desta nova concepción do modelo económico do Morrazo, Fecimo decidiu afondar neste concepto de sostenibilidade e implementar medidas de Responsabilidade Social para minimizar o seu impacto sobre o contorno e maximizar os efectos positivos da súa xestión no Morrazo. De esta política xorden as presentes actuacións en materia Social, Económica e Medioambiental.

CIDADÁNS

Fecimo é consciente do seu papel dinamizador da economía e da sociedade do Morrazo, polo que ostenta a representatividade en diversos estamentos coma os consellos escolares co fin de buscar unha formación e un futuro prospero para as novas xeracións do Morrazo. Fecimo asi mesmo aposta firmemente pola cultura do Morrazo e decidiuse a formar parte do Padroado “EmerxeMorrazo” que apoia aos artistas emerxentes do Morrazo co fin de que poidan amosa-la súa arte cara o mundo. Dende a federación tamén se colabora e apoian diversidade de eventos que pola suas características sexan de especial interese para a sociedade do Morrazo, devolvendo en parte a confianza que os veciñ@s do Morrazo poñen nas empresas asociadas.

TRABALLADORES

A federación de comerciantes e industriais consideran que o capital humano é un dos factores máis relevantes na andaina das nosas empresas, xa que é o capital de máis dificil sustitución e o que aporta o maior valor engadido nas empresas. Pero o capital humano das empresas non pode ser considerado un factor produtivo máis, ten compoñentes sociais e persoais que se deben ter en conta para coidalo. Froito disto detectáronse necesidades de implantar medidas de conciliación da vida familiar e persoal na Federación. Entre as medidas implantadas destacan a flexibilidade horaria que permite que tódolos traballadores/as disfruten de dúas xornadas intensivas na semana e poidan decidir en función das súas responsabilidades o horario que mellor se axusta a súa situación. Outro dos aspectos importantes para Fecimo é a formación do seu capital humano, por isto, tódolos anos se ofertan entre os seus traballadores cursos de formación e se financi a asistencia de cursos charlas e obradoiros que posibiliten a adquisición de coñecementos ou competencias que redunden no beneficio da federación.

ASOCIADOS

Fecimo ten nos seus asociados un dos seus pilares fundamentais, e é deber da Federación ofrecer todala información necesaria sobre a xestión e funcionamento da entidade. Para garantir a transparencia na execución e toma de decisións, tódolos martes de cada mes, o equipo de técnic@s da Federación se reune cos representantes das xuntas directivas das Asociacións Locais e se presentan os proxectos, propostas, contas, e todo tema susceptible de ser coñecido polos asociados/as para coñecer o seu parecer e dar información pública sobre o mesmo.

ADMINISTRACIONES PÚBLICAS

Fecimo é parte da sociedade do Morrazo e como tal manten unha excelente relación coas administracións públicas xa que son estas os órganos administrativos responsables de manter e garantir o estado de benestar na nosa sociedade. Fecimo forma parte das mesas locais de comercio dos Concellos de Bueu, Cangas e Moaña participando activamente na toma de decisión relativa ao concerninte a estes tres concellos na indole comercial-empresarial. Fecimo manten representatividade e canles de comunicación abertas cos organismos provinciais e autonómicos como Deputación e Xunta de Galicia.

PROVEEDORES

O impago de facturas é un dos maiores problemas cos que se estan a atopar as empresas do Morrazo nestes tempos de carencia de crédito. Por isto a Federación de comerciantes acadou o acordo de pagar as súas facturas con provedores nos 15 días seguintes á finalización do servizo contratado ou ao ingreso da subvención pertinente se o servizo contratado vai a cargo da mesma. Fecimo, por contra, esixe aos seus provedores/as non estar incursos en situacións de irregularidades laborais ou ecolóxicas para poder converterse en provedores da entidade.

Fecimo e as súas empresas aséntanse na Comarca do Morrazo, unha zona moi rica biolóxica e xeolóxicamente no sur das Rías Baixas.

Fecimo ten como máxima o respeto e o compromiso polo seu contorno, polo que decidiu implantar unha serie de medidas co fin de levar ao mínimo o impacto da súa actividade nos recursos naturais do contorno.

Fecimo segue a traballar en novas medidas que sirvan de exemplo e concienciación tanto para as empresas asociadas coma para a sociedade.

MEMORIA SOSTENIBILIDADE

Icon
DECLARACION MEDIOAMBIENTAL 2014

COMPROMETIDOS CO NOSO ENTORNO

Fecimo amosa a súa preocupación polo contorno coa implantación da política “comprometidos co noso contorno” a través da cal se levan a cabo actividades que poñan en valor os recursos naturais da zona, como por exemplo a realización de roteiros polos montes e contornos do Morrazo, e actividades que buscan concienciar as empresas que forman parte da federación de que o respeto, e coidado, da natureza é un activo que xoga a favor de tódolos habitantes do Morrazo.

Nesta última liña de actuacións por exemplo favoreceuse a sustitución das tradicionais bolsas plásticas nos establecementos asociados a Fecimo por outras de plástico biodegradable, e posteriormente de papel.

A dimensión económica da responsabilidade social busca implementar un equilibrio entre os recursos que forman parte da federación co fin de garantir a sustentabilidade económica da mesma dadas as políticas e gastos necesarios para cumplir coas políticas de RSE da federación.

Neste senso estanse a levar controis exhaustivos dos estados de contas, entradas e saídas de liquidez, para determinar o grado de gasto aceptable da Federación e non incurrir en déficits que lastren as contas da entidade. As contas audítanse internamente e se presentan en asamble xeral de asociados/as todolos anos.

A busca da sustentabilidade económica é unha das maiores preocupacións de Fecimo.